25/02/2011 03:30 Leer artículo completo en
El País
En novembro de 1936, cando as tropas republicanas e as Brigadas Internacionais pararon a ofensiva fascista sobre Madrid, a cenetista Federica Montseny accedeu á carteira de Sanidade do Executivo español. Era non só a primeira militante anarquista que entraba nun goberno, senón unha das primeiras mulleres europeas en ocupar tal cargo. Apenas a precedera a bolxevique rusa Alexandra Kollontai. Once meses antes, Montseny (Madrid, 1905 - Toulouse, Francia, 1994) viaxara por Galicia en labores de axitación e propaganda libertaria.